Curso 2010/11      **novo prazo entrega en práctica 2**

Titorial de "C"

As dúas primeiras semanas as clases de prácticas terán como motivo a familiarización coa programación en C. Asimesmo veranse un par de ferramentas básicas para apoio de cara á detección e corrección de erros: gdb e valgrind.

Módulos, compilación por separado, variables externas: programa de exemplo...

Aquí podes descargar o auxf.tar.gz.

Valgrind...

O teu programa funciona ás veces e ás veces non... Igual valgrind che pode dicir o motivo.

Instalación da ferramenta: sudo apt-get install valgrind

Exemplo de uso de Valgrind: Inclúese un mini-programa con erros de acceso a memoria e cun free() comentado [1]. Asimesmo tamén se amosa o programa con eses erros correxidos[2].

Compílase coa opción -g -O0 (ver ficheiro Makefile incluido nos paquetes)... usar make para compilar

Sintaxe básica: valgrind --show-reachable=yes --leak-check=full executable [params]

Debugging GDB, DDD...

O programa execútase, pero aborta ou os resultados non son os esperados: hora de facer debugging .

Instalación da ferramenta gdb: sudo apt-get install gdb

Instalación da ferramenta ddd: sudo apt-get install ddd

Exemplo de uso de gdb/ddd: Un programa que por veces dá segmentation-faults.

Sintaxe básica: gdb / ddd [executable]

Práctica 1: COPY

Enunciado da práctica 1: [pdf]

Data límite de entrega : 7 de novembro de 2010. 14 de novembro de 2010

Practica 2: Problema dos productores/consumidores.

Enunciado da práctica 2: [pdf] [html]

Data de entrega: Do 22 de decembro de 2010.
**Nova** data límite de entrega 9 de xaneiro de 2011
Material Apoio: xa que se vai valorar a utilización de módulos e compilación separada déixase aquí un exemplo simple de programa que utiliza 2 módulos auxiliares. p2.example.tar.gz

 

Normas de avaliación? Validez das notas de prácticas.

Para aprobar a asignatura hai que ter 5 puntos entre teoría + práctica.

Teoría 8.5 puntos

Prácticas 1.5 puntos

Máximo 1.5 (a metade se entrega fóra de prazo).

É obrigatorio entregalas e coa valoración de "aptas" por parte do profesor de prácticas, para aprobar asignatura.

Consérvanse durante 1 ano (coa mesma nota). Isto é, o curso académico no que as entregas, e o curso seguinte. Para subir nota, hai que volver a facer as prácticas e nese caso a nota anterior "descártase".

FAQS.

P1. ¿Entreguei as prácticas en febreiro de 2009 e teño un 1, ata cando as teño aprobadas?

R1. Tes un 1 ata decembro de 2010. Se te queres presentar en febreiro de 2011 terás que volver facer as prácticas.

P2. ¿Entreguei as prácticas en setembro de 2009 e teño un 0.75 (máxima nota por ser fóra de plazo), ata cando as teño aprobadas?

R2. Tes un 0.75 ata decembro de 2010. Se te queres presentar en febreiro de 2011 terás que volver facer as prácticas.

P3. Teño un 1 (de 1.5) porque a última práctica (que valía ata 0.75) non me saíra moi ben. ¿Podo volver repetir só a última práctica para subir nota?.

R3. Non, se queres optar a subir nota terás que volver facer todas as prácticas, non só a última.

Setembro de 2011: Prácticas pendentes

Os alumnos que se presenten ao exame nesta convocatoria (ou posteriores), e que non teñan superado as prácticas, deberán ter as prácticas listas o día do exame. Durante o exame indicaráse o modo de entrega, así como o lugar e data onde se realizará a defensa da/s práctica/s.

FAQS.

P1. ¿Entreguei a 1ª práctica en febreiro. Teño que entregar a 2ª en setembro? E defendela?

R1. Terás que entregar a 2ª en setembro, e facer a defensa correspondente no día que se indique o día do exame (ou nesta mesma páxina).

Nos casos de prácticas copiadas, o profesor porase en contacto personalmente cos alumnos/as implicados/as para indicarlles as novas prácticas que deberán facer, e as condicións nas que se evaluarán ditas prácticas.

 

Outros links: Julio G. Soto
Última actualización: 3 marzo 2011