Curso 2009/10

Titorial de "C"

As dúas primeiras semanas as clases de prácticas terán como motivo a familiarización coa programación en C. Asimesmo veranse un par de ferramentas básicas para apoio de cara á detección e corrección de erros: gdb e valgrind .

Módulos, compilación por separado, variables externas: programa de exemplo...

Aquí podes descargar o auxf.tar.gz.

Valgrind...

O teu programa funciona ás veces e ás veces non... Igual valgrind che pode dicir o motivo.

Instalación da ferramenta: sudo apt-get install valgrind

Exemplo de uso de Valgrind: Inclúese un mini-programa con erros de acceso a memoria e cun free() comentado [1]. Asimesmo tamén se amosa o programa con eses erros correxidos[2].

Compílase coa opción -g -O0 (ver ficheiro Makefile incluido nos paquetes)... usar make para compilar

Sintaxe básica: valgrind --show-reachable=yes --leak-check=full executable [params]

Debugging GDB, DDD...

O programa execútase, pero aborta ou os resultados non son os esperados: hora de facer debugging .

Instalación da ferramenta gdb: sudo apt-get install gdb

Instalación da ferramenta ddd: sudo apt-get install ddd

Exemplo de uso de gdb/ddd: Un programa que por veces dá segmentation-faults.

Sintaxe básica: gdb / ddd [executable]

Práctica 1: DISKUSAGE

Enunciado da práctica 1: [pdf]

Data límite de entrega : 29 de novembro de 2009.
**Nova** data límite de entrega : 6 de decembro de 2009.

NOTA: Hai memory leaks que xurden do uso normal de getpwuid(), que non cómpre ter en conta.

 

Práctica 2: Problema dos lectores/escritores.

Enunciado da práctica 2: [pdf (versión impresión)] [html]

Data de entrega: Do 17 de xaneiro de 2010.
Data/lugar de defensa: Semana do 18 ao 22 de xaneiro de 2010 (os alumnos que rematen antes, poden avisar ao profesor e adiantar a defensa). As defensas realizaranse na aula de prácticas.

 

Normas de avaliación? Validez das notas de prácticas.

Para aprobar a asignatura hai que ter 5 puntos entre teoría + práctica.

Teoría 8.5 puntos

Prácticas 1.5 puntos

Máximo 1.5 (a metade se entrega fóra de prazo).

É obrigatorio entregalas e coa valoración de "aptas" por parte do profesor de prácticas, para aprobar asignatura.

Consérvanse durante 1 ano (coa mesma nota). Isto é, o curso académico no que as entregas, e o curso seguinte. Para subir nota, hai que volver a facer as prácticas e nese caso a nota anterior "descártase".

FAQS.

P1. ¿Entreguei as prácticas en febreiro de 2008 e teño un 1, ata cando as teño aprobadas?

R1. Tes un 1 ata decembro de 2009. Se te queres presentar en febreiro de 2010 terás que volver facer as prácticas.

P2. ¿Entreguei as prácticas en setembro de 2008 e teño un 0.75 (máxima nota por ser fóra de plazo), ata cando as teño aprobadas?

R2. Tes un 0.75 ata decembro de 2009. Se te queres presentar en febreiro de 2010 terás que volver facer as prácticas.

P3. Teño un 1 (de 1.5) porque a última práctica (que valía 0.75) non me saíra moi ben. ¿Podo volver repetir só a última práctica para subir nota?.

R3. Non, se queres optar a subir nota terás que volver facer todas as prácticas, non só a última.

Setembro de 2010: Prácticas pendentes

Os alumnos que se presenten ao exame nesta convocatoria (ou posteriores), e que non teñan superado as prácticas, deberán ter as prácticas listas o día do exame (3 de setembro neste caso). Durante o exame indicaráse o modo de entrega, así como o lugar e data onde se realizará a defensa da/s práctica/s. Previsiblemente dita defensa terá lugar unha vez rematado o exame.

FAQS.

P1. ¿Entreguei a 1ª práctica en febreiro. Teño que entregar a 2ª en setembro? E defendela?

R1. Terás que entregar a 2ª en setembro, e facer a defensa correspondente no día que se indique o día do exame (ou nesta mesma páxina).

Nos casos de prácticas copiadas, o profesor porase en contacto personalmente cos alumnos/as implicados/as para indicarlles as novas prácticas que deberán facer.

 

Outros links: Julio G. Soto