Curso 2008/09

Valgrind...

Exemplo de uso de Valgrind: Inclúese un mini-programa con erros de acceso a memoria e cun free() comentado [1]. Asimesmo tamén se amosa o programa con eses erros correxidos[2].

Compílase coa opción -g -O0 (ver ficheiro Makefile incluido nos paquetes)... usar make para compilar

Execútase como valgrind --show-reachable=yes --leak-check=full ./proba

Práctica 1: fs list

Enunciado da práctica 1: [pdf] [html]

Anotacións da práctica:

  • Os listados incluindo comodíns "*.ext ou nome.*" producen efectos inesperados. Asumir que o comodín sexa un "@"; isto é: utilizar @.ext ou nome.@ en lugar das expresións con "*".
  • Data de entrega : retrásase do 28 de novembro ao 5 de decembro

     

    Práctica 2: Sincronización con semáforos

    Enunciado da práctica 2: [pdf] [html]

    Data de entrega: Do 12 ao 16 de xaneiro de 2009.

     

    Normas de avaliación? Validez das notas de prácticas.

    SO1- Enx Informática

    Para aprobar a asignatura hai que ter 5 puntos entre teoría + práctica.

    Teoría 8.5 puntos

    Prácticas 1.5 puntos

    Máximo 1.5 (a metade se entrega fóra de prazo).

    É obrigatorio entregalas e coa valoración de "aptas" por parte do profesor de prácticas, para aprobar asignatura.

    Consérvanse durante 1 ano (coa mesma nota). Isto é, o curso académico no que as entregas, e o curso seguinte. Para subir nota, hai que volver a facer as prácticas e nese caso a nota anterior "descártase".

    FAQS.

    P1. ¿Entreguei as prácticas en febreiro de 2007 e teño un 1, ata cando as teño aprobadas?

    R1. Tes un 1 ata decembro de 2008. Se te queres presentar en febreiro de 2009 terás que volver facer as prácticas.

    P2. ¿Entreguei as prácticas en setembro de 2007 e teño un 0.75 (máxima nota por ser fóra de plazo), ata cando as teño aprobadas?

    R2. Tes un 0.75 ata decembro de 2008. Se te queres presentar en febreiro de 2009 terás que volver facer as prácticas.

    P3. Teño un 1 (de 1.5) porque a última práctica (que valía 0.75) non me saíra moi ben. ¿Podo volver repetir só a última práctica para subir nota?.

    R3. Non, se queres optar a subir nota terás que volver facer todas as prácticas, non só a última.

    Setembro de 2009: Prácticas pendentes

    Os alumnos que se presenten ao exame nesta convocatoria (ou posteriores), e que non teñan superado as prácticas, deberán ter as prácticas listas o día do exame (2 de setembro neste caso). Durante o exame indicaráse o modo de entrega, así como o lugar e data onde se realizará a defensa da/s práctica/s.

    FAQS.

    P1. ¿Entreguei a 1ª práctica en febreiro. Teño que entregar a 2ª en setembro? E defendela?

    R1. Terás que entregar a 2ª en setembro, e facer a defensa correspondente no día que se indique o día do exame (ou nesta mesma páxina).