Prácticas SO1. Curso 2011/12 e sucesivos.      (*normas* )

Inclúense aquí as normas que rixen as prácticas para as prácticas SO1 (E.I) no plan a extinguir (curso 2011-12 e sucesivos).

Asimesmo veranse un par de ferramentas básicas para apoio de cara á detección e corrección de erros: gdb e valgrind.

Familiarización con C e ferramentas básicas: Módulos, compilación por separado, variables externas: programas de exemplo...

Módulos...

Aquí podes descargar o auxf.tar.gz.

Valgrind...

O teu programa funciona ás veces e ás veces non... Igual valgrind che pode dicir o motivo.

Instalación da ferramenta: sudo apt-get install valgrind

Exemplo de uso de Valgrind: Inclúese un mini-programa con erros de acceso a memoria e cun free() comentado [1]. Asimesmo tamén se amosa o programa con eses erros correxidos[2].

Compílase coa opción -g -O0 (ver ficheiro Makefile incluido nos paquetes)... usar make para compilar

Sintaxe básica: valgrind --show-reachable=yes --leak-check=full executable [params]

Debugging GDB, DDD...

O programa execútase, pero aborta ou os resultados non son os esperados: hora de facer debugging .

Instalación da ferramenta gdb: sudo apt-get install gdb

Instalación da ferramenta ddd: sudo apt-get install ddd

Exemplo de uso de gdb/ddd: Un programa que por veces dá segmentation-faults.

Sintaxe básica: gdb / ddd [executable]

Prácticas a entregar:

Práctica 1: COPY: [pdf]

Práctica 2: PRODUCTORES/CONSUMIDORES [pdf]

Material Apoio: xa que se vai valorar a utilización de módulos e compilación separada déixase aquí un exemplo simple de programa que utiliza 2 módulos auxiliares. p2.example.tar.gz

Normas de avaliación? Validez das notas de prácticas.

Para aprobar a asignatura hai que ter 5 puntos entre teoría + práctica.

Teoría 8.5 puntos

Prácticas 1.5 puntos

FAQS.

P1. ¿Entreguei as prácticas en febreiro de 2010 e teño un 1, ata cando as teño aprobadas?

R1. Gárdase esa nota de xeito indefinido.

P2. ¿Entreguei as prácticas en setembro de 2010 e teño un 0.75, ata cando as teño aprobadas?

R2. Gárdaseche a nota de xeito indefinido.

P3. Teño un 1 (de 1.5) que se me garda (por ten entregado nos cursos 2009-10 ou 2010-11. ¿Podo volver repetir só a última práctica para subir nota?.

R3. Non, se queres optar a subir nota terás que volver facer todas as prácticas, non só a última. Neste caso debes ter presente que a túa nota de prácticas poderá subir, pero tamén baixar!!.

Cuestións finais a ter en conta

Existen varias normas básicas que calquera alumno deberá ter en conta sempre.

Entrega de prácticas. As prácticas entregadas son as que deben ser defendidas. Non se aceptarán cambios posteriores (salvo cambios pedidos polo profesor durante a defensa).

Defensa de prácticas. Ter feito unha práctica implica o feito de ter entendido o que se fixo nela. O profesor comprabará este aspecto pedido que o alumno compile e execute as prácticas, pero tamén: pedirá que se explique o funcionamento de calquera función/comando de interese (p.ex: man semop), que se cambie algunha parte da práctica (p.ex: para solventar algún pequeno erro, ou para que cambie lixeiramente a súa funcionalidade), etc. O alumnado deberá defender a súa práctica con solvencia para obter a valoración de APTA.

Prácticas copiadas. Os profesores soen detectar con facilidade cando un/unha alumno/a non é o autor/a dunha práctica. O feito de detectar unha práctica copiada, implica a calificación da mesma como NON-APTA.

Posto que é obrigatorio ter a valoración de APTO nas prácticas para poder superar a asignatura. Recórdase ao alumnado que irremisiblemente ter unha práctica NON-APTA implica a non-superación da asignatura na convocatoria correspodente, e un cero na parte de prácticas (a efectos de nota do expediente).

 

Outros links: Julio G. Soto
Última actualización: 21 de setembro de 2011